A dinámica das augas continentais xa foi explicada no ciclo da auga, pero a dinámica das augas mariñas ten outras peculiaridades. Factores como os ventos, a densidade da auga, a súa salinidade e a súa temperatura, a influenza do Sol e da Lúa ou mesmo o relevo submariño condicionan dita dinámica.
Nesta actividade tes que explicar brevemente como inflúe cada un dos factores citados anteriormente.
- A dirección dos ventos globais de baixo nivel, que determinan o sentido e dirección do movemento das masas de auga superficiais.
- O movemento de rotación da Terra, que xera unha forza centrípeta nas zonas profundas dos océanos, provocando un movemento das masas de auga na mesma dirección que o movemento de rotación; e unha forza centrífuga en superficie que provoca un movemento das masas de auga en dirección contraria ao movemento de rotación.
- A distribución das masas continentais, que condicionan a libre circulación as augas.
- A forza gravitatoria do Sol e a Lúa, que provocan as mareas.
Falta o apartado densidade.
ResponderEliminar