Actividade 20: As discontinuidades.
A seguinte imaxe representa o gráfico de propagación das ondas sísmicas dende a superficie cara ao interior da Xeosfera.
1. Cal é a diferencia entre as ondas P e S? como hai que interpretalas?
As ondas P son ondas lonxitudinais, o cal significa que o chan é alternadamente comprimido e dilatado na dirección da propagación. Estas ondas viaxan a unha velocidade maior que as ondas S e poden viaxar a través de calquera tipo de material.
As ondas S son ondas transversais ou de corte, o cal significa que o chan é desprazado perpendicularmente á dirección de propagación, alternadamente cara a un lado e cara ao outro. As ondas S poden viaxar unicamente a través de sólidos debido a que os líquidos non poden soportar esforzos de corte.
2. As discontinuidades: que son? que tipos hai? como se interpretan?
Denomínase discontinuidade á zona na que se produce un cambio na velocidade de propagación das ondas sísmicas.
Existen tres discontinuidades, a discontinuidade de Mohorovicic (a 670 km de profundidade), a discontinuidade de Gutenberg (a 2900 km de profundidade) e a discontinuidade de Lehman (a 5100 km de profundidade).
Actividade 21: As dúas caras da Xeosfera.
Observa a imaxe e contesta:
1. Cal é a composición e o estado do núcleo interno? e do externo?
O núcleo interno da Terra é unha bóla quente e densa, composta principalmente de ferro.
O núcleo externo está composto principalmente de ferro líquido e níquel.
2. Que relación hai entre a anterior pregunta e o campo magnético do planeta?
O fluxo arremolinado do ferro e do níquel fundidos ao redor do núcleo sólido da Terra desencadea unha corrente eléctrica que xera o campo magnético do planeta.
3. Que relación hai entre litosfera e codia?
Tanto a codia como a litosfera son capas da Terra que se utilizan en xeoloxía para estudar a estrutura interna do planeta e a súa mecánica. A codia é a capa máis externa ou superficial e diferénciase en composición química do manto situado xusto debaixo. A litosfera, pola súa banda, non é unha capa individual en canto a composición química, senón unha rexión determinada polas súas propiedades xeolóxicas que abarca a codia e parte do manto.
4. Que diferenzas hai en espesor e composición entre a codia continental e a codia oceánica?
A codia oceánica está feita de lavas basálticas que flúen no leito mariño. É relativamente delgada, entre 5 a 12 quilómetros de grosor. As rocas da codia oceánica son máis densas que as rocas que compoñen os continentes.
A codia continental é máis grosa que a codia oceánica. Ten 35 quilómetros de grosor media, pero varia moito. A codia continental está composta de moitas rocas diferentes. En media, a codia continental é moito menos densa que a codia oceánica. Por ser menos densa, álzase máis arriba do manto que a codia oceánica.
5. Na xeosfera hai correntes convectivas, donde e como son?
As correntes de convección obsérvanse no manto da terra. O manto quente vaise xurdindo desde a parte máis profunda, mentres que o manto que se vai arrefriando vaise afundindo, creando unha corrente de convección. Crese que este tipo de correntes son as responsables dos movementos das placas da codia terrestre.
No océano, a auga cálida normalmente atópase preto da superficie, mentres que a auga máis profunda é, polo xeral, fría. As correntes profundas de auga fría xogan un importante papel.
Actividade 22: O cambio contínuo da Xeosfera.
Fig 1: Na teoría comunmente aceptada sobre a formación dos planetas, a denominada hipótese nebular, sostén que os planetas se forman pola agregación de gas e po que condensan e vanse unindo para formar corpos cada vez máis grandes, denominados planetasimais. Cando estes alcanzan unha medida central aproximada dun quilómetro, poderían atraerse uns a outros debido á súa propia gravidade, axudando a un crecemento maior ata a creación de protoplanetas cun centro sólido.
Actividade 23: A Litosfera (parte 1)
1. Que é a Litosfera?
A litosfera é a capa exterior do planeta que está formada como unha roca que recubre o planeta enteiro.
2. A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura?
A litosfera atópase dividida en grandes fragmentos, as denominadas placas litosféricas ou placas tectónicas, que se moven entre si separándose ou chocando. As colisións entre elas son os que xeran os terremotos, os volcáns, os pliegues e as fallas.
3. Que é unha placa litosférica?. Indica o nome das principais placas.
As placas tectónicas. Son os diferentes fragmentos en que se atopa dividida a litosfera.
Placa del Caribe / Placa de Nazca/ Placa de Cocos/ Placa Euroasiática/ Placa Africana
4. Nun modelo simplificado da realidade podemos dicir que a relación que hai entre os bordes de dúas placas que se moven pode ser de tres tipos. Como se chaman e cal é o movemento das placas en cada caso?
No hay comentarios:
Publicar un comentario