E para rematar a unidade outra lectura. A vida e, por suposto, a nosa civilización non pode existir sen o auga. É un recurso tan valioso que a súa posesión orixina guerras e conflictos.
Accede a seguinte noticia a guerra do auga e fai un comentario persoal dun mínimo de 4 liñas.
Na miña opinión, a pesar de soar como unha idea descabezada, non sería raro que en escasos anos comezase a haber guerras pola auga como as houbo e hai polo petróleo. Porque ao fin, a auga é o único recurso natural que necesitamos ao 100% para vivir, non ten substitutivos, e cada vez é máis escasa. É cuestión de tempo que os humanos, polos nosos usos insostibles, comecemos a esgotar recursos naturais que fan falta para a vida.
Escasa.
ResponderEliminar