lunes, 24 de octubre de 2022

Actividade 9: A Troposfera.

1. Que é o aire?, cal é a composición da atmosfera dun xeito máis detallado que na presentación?.

É a combinación de gas que forma a atmosfera da Terra, que permanece dentro do planeta por acción da forza da gravidade. 

A atmosfera está composta por tres gases fundamentais: nitróxeno, osíxeno e argón, os cales constitúen o 99.95% do volumen atmosférico.

3. Indica a importancia que, en relación ca vida, ten cada un dos seus compoñentes principais.

O nitróxeno é un dos compoñentes químicos das proteínas, que desempeñan un papel importante no noso organismo, ao proporcionar materiais para a construcción e para o mantemento de todos os órganos e tecidos, e participar na formación de hormonas, enzimas e anticorpos.

O osíxeno é un gas que o corpo necesita para funcionar ben. As células necesitan osíxeno para producir enerxía. Os pulmóns absorben o osíxeno do aire ao respirar. Logo ingresa á sangue desde os pulmóns e viaxa aos seus órganos e tecidos do corpo.

O argón é un gas de proteción inerte. Utilizado na industria para previr o contacto e a interación entre o metal líquido e a atmpsfera que o rodea.

4. Como era a atmosfera primitiva da Terra?

Fai uns 3800 millóns de anos, a Terra enfriouse o bastante para que condensara o vapor de auga, o que orixinou as primeiras chuvias e a formación dos océanos. A atmosfera primitiva non contiña osíxeno, aínda que sí nitróxeno, auga e dióxido e monóxido de carbono. Ademais estaba en contacto cos océanos.

5. Que son os fenómenos meteorolóxicos? Indica explicando, alomenos, 5 tipos.

Son fenómenos naturais ( vento, nubes, precipitacións, chuvia, neve, granizo) eeléctricos (auroras polares, tormentas eléctricas) que se dan na atmosfera e que, según o seu grado de intensidade, poden ter efectos positivos ou negativos nos ecosistemas e nas sociedades humanas.

Actividade 8: Parámetros clave para entender a atmosfera.

A atmosfera é unha capa fluída en continuo cambio. A súa dinámica é moi complexa pero, dun xeito simplificado, podemos dicir que hai tres parámetros básicos que controlan o seu comportamento: a presión, a temperatura e a humidade.

1. Que é a presión atmosférica?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

A presión atmosférica é a presión exercida polo aire en calquera punto da atmosfera.

A presión atmosférica mídese cun instrumento denominado barómetrounidade de medición no sistema métrico decimal é o hectoPascal (hPa) que corresponde a unha forza de 100 Newton sobre un metro cadrado de superficie.

2.  Que é a temperatura atmosférica?, como varía ca altitude nas distintas capas da atmosfera?

A temperatura atmosférica é unha medida da temperatura en diferentes niveis da atmosfera terrestre. Está rexido por moitos factores, incluíndo a radiación solar entrante, a humidade e a altitude.

A temperatura da atmosfera terrestre varía coa altitude. A relación entre a altitude e a temperatura é distinta dependendo da capa atmosférica considerada: troposfera, estratosfera, mesosfera, termosfera y exosfera. A isto se lle chama gradiente térmico atmosférico.

O gradiente de temperatura é o cambio da temperatura coa distancia.

3. Que é a humidade absoluta? e a relativa?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

Humidade absoluta é a cantidade de vapor de auga ( medido en gramos) contido nun determinado volumen de aire (medido en m3) Mediremos en gramos de vapor de agua por metro cúbico de aire cun termómetro humido.

Humidade relativa é a relación entre cantidade de vapor de auga contida no aire (humidade absoluta) e a máxima cantidade que o aire sería capaz de conter a esa temperatura (humidade absoluta de saturación)

higrómetro é o instrumento utilizado para medir a humidade relativa (HR), é dicir, a cantidade de vapor de auga presente no aire. unidade de medida exprésase en porcentaxe: %.

lunes, 17 de octubre de 2022

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental.

Nunha cidade as copas dos árbores de prazas, parques, e avenidas mostran, de súpeto, unha variedade de mosca que se reproduce con gran facilidade e que afecta aos vasos condutores de zume (savia) da maioría das especies de árbores. Os vasos son destruídos, o zume non pode circular e o árbore morre.

1. Como aplicarías o método científico a este problema ambiental. Indica os pasos.

Comezaría por plantexar unha pregunta, como "porque pasa isto?" e para 

resolvela teríamos que recurrir á búsqueda de información, para así poder formular unha 

hipótese. Cando xa teñamos algunha idea de o que pode estar ocorrendo nese caso 

concreto, deberemos experimentar para conseguir un análise e recopilación de datos. 

Cando teñamos feito todo isto poderemos chegar a unha conclusión.

2. Enumera posibles solucións ao problema.

1: unha solución sería acabar con tódalas moscas para que así non afecten negativamente 

ás árbores.

2: outra podería ser desplazalas ( as árbores o as moscas ).

3. As solucións propostas, poden ter outras consecuencias que agraven ou mesmo inicien outro problema ambiental?

Si porque no caso de desplazalas quizais as moscas afecten negativamente a outras árbores, e ao cambiar ás árbores do seu hábitat natural poden alterar un ecosistema ou non crecer ben.

jueves, 6 de octubre de 2022

Actividade 5: A Terra como sistema.

1. Cales son os grandes elementos, compoñentes , ou mellor subsistemas , que constitúen o planeta Terra?

“litosfera” (terra), a “hidrosfera” (auga), a “biosfera” (seres vivos) e a “atmosfera” (aire).

 2. Pensas que os anteriores compoñentes, no seu conxunto, son suficientes para entender o funcionamento do planeta Terra? Razoa a resposta.

Penso que non porque algún deles divídese en capas máis pequenas que quizáis son importantes para estudar o comportamento da Terra.

- El enfoque sistémico, en el que prima el estudio de las interrelaciones sobre la observación aislada de los fenómenos, es el más adecuado para los estudios medioambientales.  

 3. Que quere dicir a anterior frase?

Fala sobre que a forma máis eficaz de estudar o medioambiente é estudando cada unha das súas partes individualmente, e non en conxunto.

 4.Escolle un dos compoñentes que contestaches na pregunta 1. Ese compoñente ou subsistema está formado, a súa vez, por compoñentes menores? Razoa a resposta.

Atmosfera: estructúrase en capas definidas polos cambios de temperatura que se producen coa altitude. Estas capas son a troposfera, estratosfera, mesosfera, termosfera e exosfera.

Hidrosfera: inclúe océanos, mares, ríos, lagos, auga subterránea, o xeo e a neve.

 5. Pon un exemplo concreto "do efecto mariposa".

Soltar unha pelota xusto sobre a arista do tellado dunha casa varias veces; pequenas desviacións na posición inicial poden facer que a pelota caia por un dos lados do tellado ou polo outro, conducindo a traxectorias de caída e posicións de reposo final distintas.

miércoles, 5 de octubre de 2022

Actividade 4: Características dos sistemas.

1. Que características debe de ter todo sistema?

1: estar delimitado e formado por elementos

2: cada elemento ten unha función específica no sistema e establece relacións cos demais

3: os elementos interaccionan para desempeñar unha ou varias funcións

4: non están aillados, ata eles chegan enerxía e materia necesarias para o seu funcionamento, ademais reciben información do exterior

5: tamén produce materia e emiten enerxía e información, como resultado da función que desempeñan.

2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado; un sistema aillado.

Un vaso con auga, no que non entra nin sae líquido.           Estático

O universo.              Dinámico

Unha cacerola de auga fervendo.         Aberto

Un termómetro.            Pechado

Unha bombona de gas.               Aillado

3. Que é un modelo?

 Un modelo é unha representación abstracta, conceptual, gráfica ou visual, física de fenómenos, sistemas ou procesos co fin de analizar, describir, explicar, simular esos fenómenos ou procesos.

4. Cal é a diferencia entre un modelo de caixa negra e un de caixa branca?

As caixas brancas son unhas probas que se realizan sobre as funcións internas dun módulo. Mentres que as probas de caixa negra exercítanse dende o exterior do módulo.

lunes, 3 de octubre de 2022

Actividade 3: Teoría xeral de sistemas.

1. Na teoría de sistemas, que é un enfoque reducionista e que é un enfoque holístico. 

Reducionista: consiste en dividir o obxecto de estudo nos seus compoñentes máis simples e observalos e estudialos por separado.

Holístico: estuda o todo ou a globalidade e as relacións entre as partes sen deterse nos detalles.

2. Cando se debe de empregar o enfoque holístico?

O enfoque holístico debería empregarse cando se quera estudar algo profundamente, sen deterse nas partes desto, centrándose no seu conxunto.

3. Busca información sobre a Teoría de sistemas: quen a propuxo?, en que campos se pode aplicar? 

Aparece cos traballos do biólogo alemán Ludwing Von Bertalanffy, publicados entre 1950 e 1968.

Actividade 2: As ciencias da Terra e o método científico.

1. Que quere dicir ca materia ten un enfoque multidisciplinar.

Quere dicir que emprega conceptos e información tanto das ciencias da natureza como das ciencias sociais e de humanidades.

2. Cales son os compoñentes do que chamamos medio ambiente.

É un conxunto de compoñentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais.

3. Neste curso terás que facer e interpretar mapas de conceptos o mentais. Como introdución converte o mapa de conceptos nun texto.

O medio ambiente está dividido en factores do medio e seres vivos, que se inlúen entre sí. Os factores do medio poden ser: climáticos ( orixinados na atmosfera ), físico-químicos ( que inclúe á atmosfera, hifrosfera e xeosfera ), bióticos ( producidos polos seres vivos ) e sociais ( producidos polo home ).  Os seres vivos  constitúen a biosfera, o último subsistema da Terra.

4. Imos a aplicar o método científico a un exemplo moi sinxelo e concreto: Supoñamos que teño unha horta ben coidada, sempre teño de todo pero este ano as tomateiras medran máis débiles e acaban morrendo. Que lles está pasando?

  - Tes que indicar todos os pasos do método aplicados ao exemplo empezando pola identificación do problema.

5. Cal é a diferencia entre hipótese e teoría. Busca na rede un exemplo de cada unha indicando por que se lle considera así.

Unha hipótese é unha explicación que da o observador para un determinado fenómeno ou problema. Mentres que unha teoría é unha maneira de xeralizar o que pode ocorrer cando tes un conxunto acumulado de datos sobre un fenómeno determinado.