miércoles, 5 de octubre de 2022

Actividade 4: Características dos sistemas.

1. Que características debe de ter todo sistema?

1: estar delimitado e formado por elementos

2: cada elemento ten unha función específica no sistema e establece relacións cos demais

3: os elementos interaccionan para desempeñar unha ou varias funcións

4: non están aillados, ata eles chegan enerxía e materia necesarias para o seu funcionamento, ademais reciben información do exterior

5: tamén produce materia e emiten enerxía e información, como resultado da función que desempeñan.

2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado; un sistema aillado.

Un vaso con auga, no que non entra nin sae líquido.           Estático

O universo.              Dinámico

Unha cacerola de auga fervendo.         Aberto

Un termómetro.            Pechado

Unha bombona de gas.               Aillado

3. Que é un modelo?

 Un modelo é unha representación abstracta, conceptual, gráfica ou visual, física de fenómenos, sistemas ou procesos co fin de analizar, describir, explicar, simular esos fenómenos ou procesos.

4. Cal é a diferencia entre un modelo de caixa negra e un de caixa branca?

As caixas brancas son unhas probas que se realizan sobre as funcións internas dun módulo. Mentres que as probas de caixa negra exercítanse dende o exterior do módulo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario