lunes, 24 de octubre de 2022

Actividade 8: Parámetros clave para entender a atmosfera.

A atmosfera é unha capa fluída en continuo cambio. A súa dinámica é moi complexa pero, dun xeito simplificado, podemos dicir que hai tres parámetros básicos que controlan o seu comportamento: a presión, a temperatura e a humidade.

1. Que é a presión atmosférica?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

A presión atmosférica é a presión exercida polo aire en calquera punto da atmosfera.

A presión atmosférica mídese cun instrumento denominado barómetrounidade de medición no sistema métrico decimal é o hectoPascal (hPa) que corresponde a unha forza de 100 Newton sobre un metro cadrado de superficie.

2.  Que é a temperatura atmosférica?, como varía ca altitude nas distintas capas da atmosfera?

A temperatura atmosférica é unha medida da temperatura en diferentes niveis da atmosfera terrestre. Está rexido por moitos factores, incluíndo a radiación solar entrante, a humidade e a altitude.

A temperatura da atmosfera terrestre varía coa altitude. A relación entre a altitude e a temperatura é distinta dependendo da capa atmosférica considerada: troposfera, estratosfera, mesosfera, termosfera y exosfera. A isto se lle chama gradiente térmico atmosférico.

O gradiente de temperatura é o cambio da temperatura coa distancia.

3. Que é a humidade absoluta? e a relativa?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

Humidade absoluta é a cantidade de vapor de auga ( medido en gramos) contido nun determinado volumen de aire (medido en m3) Mediremos en gramos de vapor de agua por metro cúbico de aire cun termómetro humido.

Humidade relativa é a relación entre cantidade de vapor de auga contida no aire (humidade absoluta) e a máxima cantidade que o aire sería capaz de conter a esa temperatura (humidade absoluta de saturación)

higrómetro é o instrumento utilizado para medir a humidade relativa (HR), é dicir, a cantidade de vapor de auga presente no aire. unidade de medida exprésase en porcentaxe: %.

No hay comentarios:

Publicar un comentario