1. Define biosfera. Cales son os seus límites?
A biosfera é o conxunto total de ecosistemas do planeta. Tamén se pode comprender como a zona de vida na Terra, que é un sistema pechado, e en boa parte autorregulada.
Abarca desde un 50 km. de altitude na atmosfera, ata os fondos dos océanos máis profundos.
2. É díficil establecer nitidamente subsistemas dentro da Biosfera. Unha primeira clasificación pode ser a de distinguir entre zonas acuáticas e terrestres. Dentro destas últimas é común empregar a clasificación dos biomas. Que é un bioma?. Baseándote no mapa de biomas que atoparás nos apuntes indica cales son os principais biomas e que caracteriza a cada un deles.
Un bioma é unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna. Un bioma é o conxunto de ecosistemas característicos dunha zona bioxeográfica que está definido a partir da súa vexetación e das especies animais que nel predominan.
3. Que é un ecosistema?
O ecosistema é o conxunto de especies dunha área determinada que interactúan entre elas e co seu ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario