miércoles, 1 de marzo de 2023

Actividade 29: O volcán Cumbre vieja

Tomamos como exemplo a este volcán, que recentemente entrou en erupción, para traballar nos riscos asociados a fenómenos internos ... pero sen esquecer que todo fenómeno natural considerado risco por su impacto sobre a vida tamén é unha nova oportunidade para a evolución.


Fai un pequeno informe (entre 15 e 20 liñas) onde destaques fundamentalmente os riscos asociados á erupción e un apartado das posibles futuras ventaxas disto.

As erupcións volcánicas son moi perigosas,tanto para as persoas coma para a flora e a fauna máis cercana ao volcán que entra en erupción. Os principais riscos cando isto ocorre son: a destrución da zona próxima, a morte de organismos, quemaduras, asfixias..etc

Ademais se é o caso de que a erupción se dé preto da poboación, como ocorreu co da Palma, pode supoñer: cortes de luz, derrumbamentos, devastación de vivendas/empresas... que logo son moi dificis de recuperar, ben sexa polos materiais ou pertenencias que se atopaban dentro destas ou polo enorme gasto de diñeiro que conlevan.

En canto ás vantaxes dos volcáns: a enerxía que producen obtense a energía xeotérmica usada, incluso, para producir electricidade ao ter a capacidade de mover grandes xeneradores. Tamén incentivan o xeoturismo, xa que os volcáns poden ser atractivos turísticos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario