lunes, 3 de octubre de 2022

Actividade 2: As ciencias da Terra e o método científico.

1. Que quere dicir ca materia ten un enfoque multidisciplinar.

Quere dicir que emprega conceptos e información tanto das ciencias da natureza como das ciencias sociais e de humanidades.

2. Cales son os compoñentes do que chamamos medio ambiente.

É un conxunto de compoñentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais.

3. Neste curso terás que facer e interpretar mapas de conceptos o mentais. Como introdución converte o mapa de conceptos nun texto.

O medio ambiente está dividido en factores do medio e seres vivos, que se inlúen entre sí. Os factores do medio poden ser: climáticos ( orixinados na atmosfera ), físico-químicos ( que inclúe á atmosfera, hifrosfera e xeosfera ), bióticos ( producidos polos seres vivos ) e sociais ( producidos polo home ).  Os seres vivos  constitúen a biosfera, o último subsistema da Terra.

4. Imos a aplicar o método científico a un exemplo moi sinxelo e concreto: Supoñamos que teño unha horta ben coidada, sempre teño de todo pero este ano as tomateiras medran máis débiles e acaban morrendo. Que lles está pasando?

  - Tes que indicar todos os pasos do método aplicados ao exemplo empezando pola identificación do problema.

5. Cal é a diferencia entre hipótese e teoría. Busca na rede un exemplo de cada unha indicando por que se lle considera así.

Unha hipótese é unha explicación que da o observador para un determinado fenómeno ou problema. Mentres que unha teoría é unha maneira de xeralizar o que pode ocorrer cando tes un conxunto acumulado de datos sobre un fenómeno determinado.


1 comentario: