1. Biotopo: Que clima caracteriza a este ecosistema?, cal é a rocha dominante nel? e o relevo?
Galicia presenta un clima oceánico, onde as temperaturas son suaves na costa (con ventos fortes) e máis extremas no interior. A diversidade do clima galego varía en función dunha zona norte e oeste de tipo marítimo, e unha zona sur máis mediterránea.
A comunidade galega está situada nun ámbito geotectónico con abundancia de afloramientos de rocas ígneas acedas e intermedias como os granitoides e, nalgúns sectores, básicas e ultrabásicas como as anfibolitas e os gabros.
O territorio de Galicia está marcado polo relevo do Macizo Galaico, motivo polo cal queda disposto nunha serie de chanzos, limitados por liñas de fracturas, que descenden en dirección oeste, é dicir, do interior cara ao litoral.
2. Biocenose: Indica un vexetal arbóreo, dous vexetais non arbóreos, un animal herbivoro, un animal carnivoro, un animal omnivoro e un animal carroñeiro característicos deste ecosistema.
Vexetal arbóreo: Carballo
Vexetais non arbóreos: Carqueixa e Uces
Animal herbívoro: Corzo
Animal carnívoro: Xineta
Animal omnívoro e carroñeiro: Raposo