martes, 14 de febrero de 2023

Actividade 28: Diapirismo e karstismo.

1. Que formación xeolóxica representa a seguinte imaxe? Defínea.

Domo de sal - Wikipedia, la enciclopedia libre

Representa o diapirismo, que é o proceso de ascensión tectónica dunha rocha pouco densa e plástica a través de rochas máis densas e recentes

 2. Como se orixinou a depresión que se observa na superficie?

Orixinouse porque a materia sedimentaria máis lixeira, sometida a presións elevadas, penetra nas fracturas da capa superior, máis densa, atravesaá e ao saír dela por extrusión, formando un diapiro.

3. Que son as zonas kársticas e que riscos teñen asociados?

Coñécense como formas de relevo orixinadas por meteorización química de determinadas rochas, como a caliza. Unha paisaxe kárstica é unha paisaxe de relevo accidentado con agudas crestas e gretas ou cavernas.

lunes, 6 de febrero de 2023

Actividade 27: Os riscos asociados cas características xeolóxicas do subsolo.

Riscos como os producidos por afundementos ou por cambios de volume do terreo están relacionados tanto ca natureza das rochas (composición) como cas formacións xeolóxicas que estas orixinan (pregues ...) Vexamos algúns casos: 

 


1. A imaxe anterior representa a composición litolóxica da península. Que subzonas litolóxicas a forman? Como é a natureza das rochas predominantes en cada zona? Que risco se poden derivar en cada caso?

Debido á  evolución xeolóxica da Península Ibérica , podan distinguirse catro tipos de áreas, dacordo coa natureza da área: silícea, caliza, arxilosa e volcánica.

España silícea:

Predominan rochas antigas (como o cuarzo, a pizarra e o granito ), de gran dureza. No dominio silíceo as formas de modelado dominantes son as que resultan da alteración pola acción do auga, o xeo e o desxeo, que actúan a través das diaclasas. O auga fíltrase a través destas fisuras que se van ensanchando ata chegar a provocar o desprendemento de bloques individualizados (gelifracción).

España caliza (calcáreo)

Compónse maioritariamente de rochas de composición calcárea (formada por fragmentos de outras rochas).

España arcillosa

Constituida por materiais sedimentarios pouco resistentes (arxilas, margas e iesos).

Estas zonas non foron afectadas por movementos oroxénicos polo que forman relevos planos, de disposición horizontal. Nas zonas áridas ou semiáridas o auga de arroiada xera cárcavas.

España volcánica

As erupcións volcánicas e a erosión posterior modelan distintas formas de relevo, condicionadas pola viscosidade da lava e a proporción entre piroclastos e coladas de lava.

2. Que é a subsidencia do terreo?. Cales poden ser as súas causas?

subsidencia en xeoloxía describe o progresivo afundimento dunha superficie, xeralmente da litosfera, ben sexa polo movemento relativo das placas tectónicas ou polo asentamento do terreo nas cuncas sedimentarias.

A orixe da subsidencia é a extracción de fluidos ou de sólidos, que ocasiona que as capas do subsolo se reacomoden.

Actividade 26: O relevo e os procesos gravitacionais.

O relevo terrestre é o resultado da interación entre os procesos xeolóxicos externos, que teñen a súa orixe na enerxía do sol e os procesos internos relacionados co calor do interior terrestre. Ademáis sempre esta presente a forza da gravidade.

1. Que é a meteorización? Por dous exemplos.

A meteorización é a descomposición das rochas, solos e os minerais terrestres a través do contacto directo coa atmosfera do planeta.

Ex: oxidación e disolución

2. É o mesmo meteorización que erosión?. xustifica a resposta.

A meteorización é o martelo mecánico e químico que rompe e esculpe as rochas. A erosión transporta os fragmentos.

3. Que son os procesos gravitacionais? Indica exemplos.

Os procesos gravitacionais son fenómenos naturais que xeran formas de relevo degradativo nas zonas de desprendemento de material (os circos de erosión), polo que modifican o entorno xeográfico.

4. Os movementos gravitacionais (por exemplo en ladeiras) poden deberse a causas naturais ou a propia actividade humana. Indica algúns dos riscos asociados a estes fenómenos que teñan a súa orixe na actividade humana.

As avalanchas son un tipo de desplazamento de materiais individualizados nos que se producen desprendementos masivos e sen a presencia de auga, area ou fragmentos rochosos.